jueves, 24 de julio de 2014

Só.


    O verán fai que  ese sonriso brille  máis por que o sol lle esta dando esa luminosidade que o frío inverno non lle pode dar. 
    Eses corpos cor café , con eses cabelos cada vez máis claros. Todo iso que o verán dá e o que o duro inverno quita.
   Verán e inverno,  todo o contrario, como o día e a noite, como o sol e a lúa , como o amencer e o atardecer. Pero algo que comparten ambos , é esa palabra, que só un galego pode entender.
Só unha palabra: morriña. Da igual que sexa verán , ou inverno, outono ou primavera, da o mesmo, a morriña segue presente en cada momento , baixo a sombra dun piñeiro, baixo a raiola de sol que atravesa o cristal brillante da ventá, xunto a ese río que corre por chegar axiña a ese mar, xunto o sabio do pobo que che ensina que non todo o que reloce é ouro...
Verán ou inverno, benvida morriña. 


                                                                               Preciso ese intre , ese intre xunto a ti. Morriña.

No hay comentarios:

Publicar un comentario