viernes, 28 de febrero de 2014

Shine.

Actúas , apenas pensas no dano que podes ocasionar a todas as persoas que están preto, a túa beira. Pode que esteamos programados para facer dano , incluso para aguantar a dor, pero sen embargo, hai algo para o que non estamos , nin estaremos preparados: aprender a levar os sentimentos.
Algo  tan sinxelo como a palabra sentimento, ocasiona  felicidade, dor, ilusión, paixón... No mundo existen miles de sentimentos, cada un ten o seu dono, e cada un é diferente, cada un ten algo que fai que o seu dono sexa recoñecido por ese sentimento.
É o momento de facer que todos eses sentimentos, os que fan que  se nos poña a pel de galiña cada vez que escoitamos a esa persoa que estamos desexando ver, esa música que te leva a revivir aquelo que fai que sigas vivindo , ese olor que che recorda a palabra FOGAR...saian  a luz , saian  diante de esas persoas que realmente se preocupan por ti , que loitan por estar día tras día apoiándote e dicíndoche en voz  tenue : continúa, avanza, ti podes.
Chorar , esa necesidade de dicirlle o mundo que caeche pero que volverás a carga en canto o a Lúa desapareza  e o Sol comece a brillar.

1 comentario: